Míster Magnolia

No disponible

Descripció

"Míster Magnolia" é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasalloà Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas e o carácter descritivo das ilustracións, "Míster Magnolia" é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan a expresividade e o dinamismo de cada escena.

Detalls del producte

Preu
16,00 €  15,20 €
Editorial
Kalandraka
Data de publicació
Idioma
Gallec
Tipus
Tapa dura
EAN/UPC
9788484642503
Matèries IBIC:

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats