Novidades (en galego)

Per Luna Nueva Libros

Per Luna Nueva Libros

A TRANSFORMACION GALLEGO

FRANZ KAFKA i Mark Pablo/Ritchie Otero

13,00 €

«A transformación» é un clásico da literatura publicado en 1915, unha novela breve e intensa na que Franz Kafka verque a súa visión pesimista do mundo, o absurdo da existencia, a soidade, a humillación e a incomprensión, presentes tamén noutras obras súas. Esa destreza para que os lectores -atónitos e desacougados- se poñan na pel de personaxes malditos e fondamente feridos é unha das cualidades da súa inconfundible narrativa. Así, é posible percibir o rexeitamento que sofre o viaxante de comercio Gregor Samsa por parte dos seus achegados e do mundo exterior, e sentir a impotencia e a vergoña do protagonista ante a noxenta e cómica aparencia do insecto no que se convertera mentres durmía.

O INFINITO NUN XUNCO

IRENE VALLEJO

24,95 €

«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... «O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.

O SPLEEN DE PARIS GALLEGO

CHARLES BAUDELAIRE

14,96 €

Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou «facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el aplicara para retratar a vida antiga, coas súas rarezas tan pintorescas». Para realizar esta «tarefa», o poeta soñou «co milagre dunha prosa poética, musical pero sen ritmo nin rima, suficientemente flexible e contrastada como para poder adaptarse aos movementos líricos da alma, ás ondulacións do soño, aos sobresaltos da conciencia». Eses intentos deron como obra unha serie de poemas en prosa que apareceron en diversos xornais e revistas e que Baudelaire quixo reagrupar baixo o título de Spleen de París. Con estes «pequenos poemas en prosa», o poeta afonda tanto na cidade moderna, da que é o primeiro en tirar a poesía, como no seu «vómito confuso», revelando unha escrita pasional e intensa destinada a revolucionar a literatura poética.

MALAS MULLERES, AS (PREMIO BLANCO AMOR 2020)

Marilar Aleixandre

19,00 €

PREMIO BLANCO AMOR 2020. A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do ômudo coro das malas mulleresö, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas. Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

Do mellor de Nós I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (

VV. AA. VV. AA.

45,00 €

"Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)? E máis dúas verbas-hoxe-tabú: ?raza? e ?alma?. "

XELARIAS PALABRA A INTEMPERIE GALLEGO

EMMA PEDREIRA LOMBARDíA i Laura Romero Pereira

13,00 €

Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida? A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Di Emma deste libro diferente e un pouco punk: Non quero facer unha biografía ao uso. Quero falar dunha poeta, que podería ser outra, que podería ser ata eu mesma e non, é Xela e eu con Xela ou Xela en min e, por aí, ando debullando o íntimo dos seus versos nos meus.