Xohana Torres
ANA GARRIDO GONZALEZ
(Autor)
Disponible
Descripció
A obra de Xohana Torres constitúe un macrotexto no que a autora vai debullando e desestabilizando o tópico da muller galega como abnegada matriarca e nai, protectora da casa e dos fillos. Rexeita así a inmobilización das mulleres como esencia da nación. Igual que sucedera coas viúvas de vivos entolecidas ou suicidas de Rosalía de Castro, as protagonistas de Torres experimentan unha viaxe introspectiva, unha aprendizaxe e unha toma de consciencia que calla en identidades desarraigadas e insubmisas ás que o contexto social e familiar lles apón o estigma de raras e aínda tolas. Esas identidades cuestionan o discurso da nación herdado, identifícanse coa alteridade, coas rexeitadas, e rachan coa condena tácita á muller emigrante. Seguindo esta xenealoxía, a Penélope navegante de Tempo de ría (1992) non é unha irrupción abrupta pois conta cun antecedente, a Maxa de Adiós María (1971), unha novela que nin se ten valorado suficientemente no que ten de proxecto creativo innovador nin como reescritura cultural subversiva e feminista.Detalls del producte
Preu
15,00 €
14,25 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Data de publicació
25 de Gener de 2021
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788418445286
Matèries IBIC:
Obtingues ingressos recomanant llibres
Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.