Spinoza. Ética demostrada segundo a orixe xeométrica

Temps estimat de lliurament 1 a 2 setmanes.

Descripció

A Ética de Spinoza ocupa un lugar senlleiro na historia do pensamento filosófico, semellante ao que ocupan De Revolutionibus de Copérnico ou A orixe das especies de Darwin (publicado nesta mesma colección), no desenvolvemento da comprensión natural do pensamento científico.Na Ética verifícase unha naturalización da teoloxía ao identificarse a Deus coa Natureza, concibida de xeito coherente coas ideas e formulacións da nova ciencia, é dicir, sen finalidade algunha.Spinoza desenvolve tamén unha concepción natural do ser humano, que xa non é contemplado dende a razón, senón naturalmente, dende o desexo e a paixón. Nun senso amplo, e en canto á súa proxección no pensamento moderno, o contido fundamental da Ética corresponde á enunciación dunha nova filosofía moral e natural, na que a virtude, entendida coma verdadeira realización dos desexos naturais do home modulados pola lente da razón, coincide coa liberdade e a felicidade.

Detalls del producte

Preu
15,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Idioma
Galician
Tipus
Tapa dura
EAN/UPC
9788416183791

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats