Santiago Ramón y Cajal. Os tónicos da vontade

No disponible

Descripció

Malia unha vida non exenta de contradicións, algo resulta indiscutible ao falarmos de Santiago Ramón y Cajal: a súa fervorosa paixón polo progreso científico e a súa inquebrantable fe no avance humano. Nunha época de incipiente desenvolvemento da investigación científica, Ramón y Cajal consagrou os seus anos ao culto do saber e a nutrir un insaciable apetito de coñecemento. A súa achega á ciencia neurolóxica, que situaba as células cerebrais independentes no centro da función neuronal e que é coñecida actualmente como doutrina da neurona, permitiu enormes avances na teoría do funcionamento do cerebro e no coñecemento da fisioloxía do sistema nervioso. Erudito en diversas áreas da medicina e con grande entendemento tamén en histoloxía, fotografía, literaturaà, foi un acérrimo defensor da educación e a investigación. Dende unha visión claramente antropocéntrica do mundo, insistiu con obra e palabra na idea do científico como dono e forxador do seu destino e da súa sabedoría: o sabio non nace, fórmase a si mesmo con traballo, esforzo, e dedicación.Os tónicos da vontade. Regras e consellos sobre investigación científica, a súa obra máis popular, ten o xerme no seu discurso de ingreso na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1897. Orientada cara ao estudante e ao científico novel, a obra convida a un ameno paseo pola teoría biolóxica cajaliana e ofrece un alentador e romántico discurso en defensa da vocación individual e da capacidade humana á hora de encarar os enigmas da vida e da existencia, así como unha apaixonada reivindicación da actividade científica como oficio e como crecemento persoal. Sabio e mestre, Cajal deixou a súa luminosa pegada na abismal escuridade da incerteza científica e antropolóxica, o que lle valeu ser hoxe considerado un xenio da ciencia e a súa obra un clásico do pensamento.

Detalls del producte

Preu
15,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Data de publicació
Idioma
Castellà
Tipus
Tapa dura
EAN/UPC
9788417595081
Matèries IBIC:

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats