Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres

No disponible

Descripció

Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora de cativar a atención dos lectores de prensa gratuíta, que se caracterizan de maneira xeral por seren persoas con escaso hábito de lectura e cun tempo moi limitado para o consumo de información. O noso obxectivo vai consistir en analizar os elementos que empregan os emisores (é dicir, os xornalistas) para a elaboración de titulares dotados deste recurso creativo, e de establecer unha clasificación segundo a motivación que se agocha detrás de cada un deles.Así mesmo, trataremos de identificar os procesos que fan que as mensaxes creativas enviadas polos autores tenan nos destinatarios (os lectores) a resposta agardada, logrando así que os xogos de palabras cumpran o seu obxectivo e prendan nos receptores o interese por seguir lendo o resto da información. Que mecanismos se ponen en marcha neste fenómeno comunicativo? Que importancia ten o conecemento compartido entre emisores e receptores na comprensión exitosa dun titular creativo? Que relevancia tenen o contexto, o significante, os elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos? A estas e outras cuestión trataremos de ir dando resposta nas páxinas deste estudo.

Detalls del producte

Preu
5,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788416533091

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats