Orión e os animais magos

(Autor) (Il·lustrador)
& 1 more
Disponible

Descripció

Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira estraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fragaà "Orión e os animais magos" do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presenzaa, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.

Detalls del producte

Preu
8,85 €  8,41 €
Editorial
Edicións Xerais
Data de publicació
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788483022177

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats