Obreiro da lingua, amigo da xente

Disponible

Descripció

Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a vez agora do profesor Manuel González González. Os estudos ofrecidos a Manolo proveñen da familia do Atlas Linguistique Roman (ALiR), á que pertence desde antes do seu nacemento oficial, pois participou no deseño da proposta fundacional, hai máis de 20 anos. Desde aquela, coordinou a elaboración das sínteses galegas de ducias de conceptos, redactou diversas sínteses románicas, organizou tres congresos do ALiR (o último, en 2017, con varios dos participantes traballando xa co máximo segredo neste volume) e, como membro do comité de redacción, supervisou todo o proceso científico e editorial. Esta homenaxe de amizade, recoñecemento e admiración a unha traxectoria académica, docente e investigadora exemplar, recolle quince contribucións de xeolingüística románica, escritas en seis linguas desa familia (castelán, catalán, francés, galego, italiano e portugués) e que, sen esquecer alusións máis esporádicas a outros dialectos, se deteñen con vagar nalgunha variedade máis (picardo, piemontés, romanés, sardo ou véneto), resultando nun mosaico romance ideal para ofrecer a un catedrático de Lingüística Románcia e, sobre todo, a un amigo.

Detalls del producte

Preu
20,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788416954810
Matèries IBIC:

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats