Obra dramatica completa (sarah kane)
SARAH KANE
(Autor)
Manuel Francisco Vieites García
(Traductor)
No disponible
Descripció
A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de 1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máis interesantes do panorama teatral en Europa. A edición da Obra dramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cinco textos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48 Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitos aspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é un reflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humano non só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede os límites da representación. Malia a tráxica desaparición da autora en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida.Detalls del producte
Preu
24,35 €
22,95 €
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data de publicació
02 de Novembre de 2009
Idioma
Gallec
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788498651935
Matèries IBIC:
Obtingues ingressos recomanant llibres
Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.