O exiliado e a primavera

No disponible

Descripció

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo. "O exiliado e a primavera" a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia.

Detalls del producte

Preu
18,50 €  17,60 €
Editorial
Edicións Xerais
Data de publicació
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788497822022

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats