O corazón de Xúpiter

Disponible

Descripció

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome realà Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Detalls del producte

Preu
12,95 €  12,30 €
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788499144337

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats