Documentos para a historia do teatro galego (1919-1924)

No disponible

Descripció

Con este volume, a Biblioteca-Arquivo abre unha nova colección, onde vai pór a disposición dos investigadores textos que conforman a base documental sobre que se alicerzan os estudos da historia teatral. Eses documentos poderán ser tanto artigos xornalísticos publicados, mais de difícil acceso na actualidade, como correspondencia, conferencias, manuscritos inéditos, follas voandeiras, anuncios, boletíns, material gráfico..., presentados cunha breve introdución en que se xustifique a súa selección e/ou inclusión no volume, así como o sentido último do conxunto, sexa este último documentar unha época cronolóxica limitada, un determinado movemento teatral, unha polémica concreta, o pensamento artístico, plastico e/ou dramático dun autor ou dun período etc. A nosa intención non é dirixir a atención do/a lector/a para unha interpretación concreta deses documentos, mais facilitarmos o acceso a eles para que poidan ser lidos e interpretados por ollos novos e limpos que ratifiquen ou emenden as interpretacións comunmente aceptadas.

Detalls del producte

Preu
12,00 €
Editorial
Universidade da Coruña
Idioma
Galician
Tipus
Sense especificar
EAN/UPC
9788497491709

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats