DIFERENTES DIFERENZAS

Temps estimat de lliurament 1 a 2 setmanes.

Descripció

Sacar o máximo partido á vida, á amizade e respectar os demais sen importar se son feos ou bonitos, altos ou baixos, con tres ou con catro patas... é sempre unha vantaxe para habitar este mundo que ás veces complicamos máis do que deberiamos. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta... cantas cousas diferentes poden facer! Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.

Detalls del producte

Preu
14,00 €  13,30 €
Editorial
Editorial Bululu
Data de publicació
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788418667169

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats