A VIAXE DAS BOLBORETAS

No disponible

Descripció

Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro. De camiño unha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Mais, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só e aparece unha temible avespaà Paula Carbonell parte de recursos formulísticos propios da tradición oral, como a utilización de estruturas acumulativas e a repetición de acontecementos, que propician e facilitan a memorización do texto. Sobre esta base, crea un conto sinxelo en aparencia pero que ten tamén unha segunda lectura. O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe, acaba sendo unha metáfora da propia vida: a mudanza dun estado cara á outro; a aparición de amigos, ou de inimigos, e conflitos que só se poden superar coa solidariedade e, finalmente, o amor. Chené acompasa o texto cunhas ilustracións frescas, cuns debuxos sinxelos, pero de gran riqueza expresiva, grazas a unha brillante combinación de técnicas. Consegue fuxir do clixé acerca dos insectos que todos temos no noso imaxinario colectivo. As imaxes están cheas de ritmo: nos personaxes, na continuidade das secuencias e na paleta de cores empregadas, cores naturais nada convencionais. Neste seu segundo álbum ilustrado, Chené afianza un estilo propio, sintético e moi particular que constrúe escenarios cos mínimos elementos necesarios.

Detalls del producte

Preu
14,90 €
Editorial
OQO Editora
Data de publicació
Idioma
Galician
Tipus
Tapa dura
EAN/UPC
9788498715033
Matèries IBIC:

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats