A BUSCA DA ORIXE PERDIDA DAS ESPECIES

Disponible

Descripció

Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorre diferentes camiños para rescatar aquelas lembranzas esquecidas que deixaron unha grande pegada nas súas personaxes.Nos cinco relatos que conforman ?Á busca da orixe perdida das especies? a autora reflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en ?Sara e os años? e en ?culler, culler, culler? remóntase á infancia cos desacougos de frustrantes experiencias vividas no seo familiar, en ?Máquina de Proust? acada un tempo futuro no que os adiantos tecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeito dunha memoria involuntaria. ?O pomo da porta do paraíso era unha castaña? reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desengano que vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario que da nome a obra, en ?Á busca da orixe perdida das especies? xoga a establecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dous fornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempo e memoria xogan un papel crucial.Deixémonos mergullar nestes relatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.

Detalls del producte

Preu
10,00 €
Editorial
EDICIONS LAIOVENTO
Data de publicació
Idioma
Galician
Tipus
Rústica
EAN/UPC
9788484872511

Obtingues ingressos recomanant llibres

Genera ingressos compartint enllaços dels teus llibres favorits a través del programa d’afiliats.

Uneix-te al programa d’afiliats